lunes, 30 de marzo de 2020

Comezamos a semana coa seguinte proposta de actividades: exercicios de compresión lectora de L. Castelá, unha páxina de repaso de C. Sociais e por último un enlace para buscar información sobre o noso concello.

Este exercicio de compresión lectora de L. Castelá é continuación do realizado o pasado mércores 25, polo que empregamos a mesma lectura.

Lectura pág 172

Exercicios pág 174-175

Repaso C. Sociais

Continuamos cunha páxina de repaso de C. Sociais do tema 2 (Un lugar para vivir).



Pax 62

Coñecemos o noso Concello

Déixovos un enlace por se queredes coñecer un pouquiño máis do noso concello. Nel atoparedes información sobre a historia,  patrimonio, festas de cada parroquia, cousiñas sobre o Poeta Añón e Arximiro Suárez...
      

https://www.outesturismo.gal/es/megalitos

* Podedes repasar no tema 3 de C. Sociais, nas páxinas 50 e 51, que é o concello.
  
                                                               

viernes, 27 de marzo de 2020

Cualificacións 2º avaliación

Estimadas familias:

Vistas as instrucións recibidas dende a inspección educativa, informámosvos de que o 2 de abril serán publicadas as cualificacións do alumnado correspondentes á segunda avaliación. Para poder acceder ás mesmas deberedes ter descargada nos vosos teléfonos móbiles a aplicación "AbalarMóbil" da Xunta de Galicia, pois ese será o medio no que se vos transmitirán. Se tedes algún problema para instalala, podedes chamar ao teléfono: 881-997-701.
Se algunha familia non pode acceder deste xeito, que se poña en contacto co/a titor/a por correo electrónico ou chame ao teléfono do centro entre as 10:00 e as 14:00 h (881-866-840).

Hoxe, 27 de marzo, é o Día Mundial do Teatro, polo que aproveitaremos para traballalo facendo unha serie de actividades. Tamén vós deixo unha ficha de repaso de matemáticas e uns enlaces relacionados coa “Hora do Planeta” que se conmemora mañá.


Como xa dixemos, hoxe é o Día Mundial do Teatro. Propóñovos estes enlaces nos que atoparedes información sobre este día, así como unha obra de teatro en galego e un xogo.

Despois da lectura da obra de teatro podedes buscar:
-       2 substantivos propios e 3 comúns.(LG páx 20)
-       3 adxectivos e di de que grao son (LG páx 36-37)
-       3 ditongos (LG páx 38)




Números naturais

Con esta ficha de matemáticas repasaremos os números naturais de 6 e 7 cifras. Podedes repasalos no tema 1. (páx 14-17).


A Hora do Planeta

Mañá sábado 28 de marzo celébrase "A Hora do planeta", déixovos un par de enlaces, un deles referente a este tema e outro é un vídeo relacionado co mesmo.




https://www.diainternacionalde.com/ficha/la-hora-del-planeta

https://happylearning.tv/el-cambio-climatico/





jueves, 26 de marzo de 2020

Valores Sociais e Cívicos

Ola, déixovos unha entrada dirixida principalmente aos alumn@s de valores, aínda que lle podedes botar un vistazo tod@s. Nela atópanse pequenos e grandes dilemas para que reflexionedes sobre eles. Tamén lle podedes botar un ollo á hemeroteca. 

http://acciones.aldeasinfantiles.es/camp/menudo-dilema/pequenos-dilemas/

lunes, 23 de marzo de 2020

Contidos educativos na TV.

Tanto a TVG 2 como Clan TV emitirán contidos educativos polas mañás de luns a venres. Tamén un grupo de mestres e o Ministerio de Educación habilitaron unhas páxinas con recursos educativos para familias. Déixovos os enlaces no lado dereito (Aulas galegas) (Aprendo en casa)





Comezamos a semana coa seguinte proposta de actividades para C. Naturais e matemáticas, así como unha busca de información sobre o Día Internacional dos bosques.

Estas dúas páxinas do libro de C. Naturais danos a posibilidade de realizar un traballo sobre o consumo semanal de froita e verduras. Cumprides co mínimo recomendado??? Comprobádeo!!!

Pax 82-83












Repaso matemáticas temas 5 e 6


A continuación repasaremos contidos de matemáticas das unidades didácticas 5 e 6. 

Páx 142



Día Internacional dos Bosques

Para finalizar, o sábado 21 celebrouse o Día Internacional dos bosques, déixovos dous enlaces con algo de información e algunhas actividades.



viernes, 20 de marzo de 2020

Para finalizar a semana plantéxovos facer unha páxina de C. Sociais, traballar a poesía e ver o seguinte enlace relacionado co equinoccio de primavera:

Esta serie de exercicios da páxina 77 de C. Sociais, axudaranos a repasar o que é a densidade e a pirámide de poboación. Podedes botarlle un ollo para repasalo na páxina   68-69.





Día da Poesía

Mañá, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía, polo que invítovos a que leades estas dúas, unha de Neira Vilas e outra de Francisco de Quevedo. Tamén vós deixo, ao final da entrada, un par de páxinas relacionadas co tema




1- Analiza atentamente estes poemas, cantas estrofas teñen? (LG páx:97 / LC páx: 110)

2.- Cantos versos ten cada estrofa? (LG páx: 97 / LC páx:110)

3.-  Que exixencias cumpre o seu  texto  para  poder dicir que están escritos en verso? (LC páx 44)

4.- Como é a súa rima? (LG pax: 113 / LC páx 128)

5- Encontras algún recurso literario? (LG páx: 145 / LC páx:62, 80  )

6- Cal é o argumento dos poemas? Explica que contan brevemente.

7- Elixe un dos poemas e realiza un caligrama (LG páx: 129).






Equinoccio de primavera


Como última tarefa, hoxe celébrase o equinoccio de primavera, déixovos un enlace para que vós informedes en que consiste.



miércoles, 18 de marzo de 2020

Neste mércores 18 suxírovos unha ficha de compresión lectora, a cal aproveitaremos para traballar contidos da UD 1 de L. Castelá, unha páxina con exercicios de repaso de C. Naturais, correspondente á UD 3 e a ficha de problemas.




Agora propóñovos que busquedes no primeiro parágrafo:

- Antónimo de “complejo”:     Sinónimo de “elaborar”:

- Palabras monosílabas, bisílabas, trisílabas e polisílabas.

- Aproveita as palabras anteriores para rodear a súa sílaba tónica e clasificalas en agudas, graves ou esdrúxulas

Repaso UD 3 de C . Naturais

Esta imaxe é da páx. 80 do libro de C. Naturais.


Ficha problemas I

Continuamos coas fichas de problemas que estabamos facendo semanalmente




martes, 17 de marzo de 2020

QUE É UN VIRUS?

Estes días estamos escoitando continuamente a palabra "coronavirus". A continuación déixovos un par de vídeos explicativos sobre o tema.

- Que é un virus?



- Que é o coronavirus?



Podedes botarlle un ollo a UD 1 de CCNN (Lugares vivos) onde se fai referencia aos virus, concretamente na páx. 15 (Os Reinos). 

CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS DE HOXE

HOXE CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL E O DÍA INTERNACIONAL DE SAN PATRICIO.
INVÍTOVOS A QUE BUSQUEDES INFORMACIÓN SOBRE OS MESMOS.



ALGUNHAS ACTIVIDADES EN FAMILIA