jueves, 30 de abril de 2020

Posto que mañá é festivo e o luns tamén (día escollido polo centro) imos plantexarvos unhas actividades de C. Naturais e C. Sociais. (Recordade que podedes enviar as tarefas, ao correo electrónico,para correxir).

Para C. Naturais imos rematar co repaso do tema 1. Pinchade na ficha para podela descargar (Se tedes problemas para visualizala poñédevos en contacto no correo).



A parte de repasar polo libro de texto, podedes ver estos vídeos relacionados con contidos que traballamos.

Tipos de ecosistemas


Cadeas alimentarias


Animais en perigo de extinción




C. Sociais

Se en Naturais rematábamos co tema 1, en Sociais imos comezar co seu repaso. Podedes acceder á ficha pinchando na imaxe.


Para axudar no repaso, aquí tedes uns vídeos explicativos.

A atmosfera


Tempo, clima e estado atmosférico


miércoles, 29 de abril de 2020

L. Galega

Hoxe repasaremos o tema 1 de L. Galega. Para acceder á ficha pinchade no seguinte enlace. (Se tedes problemas para visualizala, poñédevos en contacto).


Ficha Tema 1

*No lateral dereito do blogue tedes o enlace ao dicionario da RAG (Real Academia Galega)

lunes, 27 de abril de 2020

Correo electrónico/Material escolar

Recordade que se queredes poñervos en contacto comigo para dúbidas, suxerencias, mandarme exercicios para correxir..., podedes facelo a través do correo electrónico:


cuartoboutes@gmail.com


Podedes solicitar que vos acheguen o material escolar que quedou nas aulas. Tedes a información na web do cole ou pinchando no seguinte enlace:




Montaxe Día do libro

Déixovos o enlace a este fermoso vídeo feito con motivo do Día do Libro. Moitas grazas polas vosas recomendacións lectoras!

Para ver o vídeo, pinchade sobre a imaxe que vos enlazará ca páxina web do cole.



Vaivos entrar nunha páxina de fondo negro. Tedes que esperar a que cargue e despois pinchar nos tres puntos que aparecen ao carón do volumen para descargar o vídeo.


A DISFRUTALO😁😁😁!!!!!!!!

Ficha matemáticas

Despois da fin de semana, propóñovos estas dúas fichas para rematar co repaso do tema 1 de matemáticas. (Podedes pincha na imaxe para descargas).

Ficha 1


 Ficha 2
A continuación déixovos uns enlaces a xogos relacionados cos contidos traballados.

                     Xogo 1                         Xogo 2                        Xogo 3                     Xogo 4



viernes, 24 de abril de 2020

Tómbola do Día do Libro

Relacionado co Día Mundial do libro, e para toda a familia, déixovos este pdf  no que podedes atopar unha serie de libros para descargar e facer máis levadeiro este confinamento. Pinchade sobre a imaxe. (Para descargar os libros que queirades, só tedes que pulsar enriba de cada un deles).



Ficha de C. Naturais

Antes de comezar a fin de semana, plantéxovos esta ficha para traballar algúns contidos do tema 1 de C. Naturais. (Pinchade na imaxe para descargala)



A parte de poder mirar no libro de texto para repasar, déixovos uns vídeos que vos poden axudar.











jueves, 23 de abril de 2020

Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. Se pinchades na primeira imaxe hai información sobre este día. A segunda é para recórdarvos a actividade que nos propuxeron dende a biblioteca. Animádevos a participar!!! Eu xa mandei a miña foto😉😉😉.







miércoles, 22 de abril de 2020

Hoxe mércores 22 de abril plantéxovos dúas actividades. A primeira, un repaso de L. Castelá, mentres que a segunda son uns enlaces para celebrar o Día Internacional da "Madre Tierra".

Esta ficha de L. Castelá serviranos de repaso do tema 1, xa que traballaremos algúns contidos como a comunicación e o uso do dicionario. Pinchar no enlace para descargar a ficha.

Ficha repaso L. Castelá tema 1

*Se tedes problemas para descargala, avisade que a envío por correo electrónico.

Aquí tedes uns vídeos de repaso.








Día Internacional da "Madre Tierra"

Hoxe conmemórase o Día da "Madre Tierra". Para celebralo déixovos uns enlaces relacionados co tema (información, actividades, canción). Pinchade nas imaxes para acceder a eles. 

Información 

Actividades

Madre tierra - Macaco




lunes, 20 de abril de 2020

Comezamos esta 6º semana de confinamento con repaso de matemáticas e tamén conmemorando o Día Internacional dos Monumentos e Sitios.

Propóñovos estas dúas fichas para seguir repasando o tema 1 de matemáticas (Números de hasta siete cifras).



* Se precisades descargar as fichas para visualizalas mellor, pinchade enriba de cada unha delas. (Se tedes problemas, contactade para mandárvolas por correo electrónico).

Día Internacional dos Monumentos e Sitios.

O pasado sábado 18, celebrouse o Día Internacional dos Monumentos e Sitios. Déixovos un par de enlaces onde podedes buscar información sobre dito día, así como para facer unha visita virtual por algúns dos máis importantes. Espero que vós guste!!!


https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_los_Monumentos_y_Sitios

https://saposyprincesas.elmundo.es/consejos/educacion-en-casa/conoce-los-monumentos-mas-impresionantes-del-mundo-sin-moverte-de-casa/

sábado, 18 de abril de 2020

Comentarvos que para facilitar o traballo queda a vosa disposición, no lateral dereito do blogue, un enlace aos libros de texto
Para acceder a eles, só tedes que pinchar no enlace "libros dixitais" e introducir o usuario e contrasinal que aquí se indica. 

usuario: primaria4@serradeoutes.es 

contrasinal: edelvives


1- Non cambiedes o contrasinal , pois non poderíamos volver a acceder.

2- Os libros dixitais son para uso de consulta, polo que non fagades actividades neles e así podelos usar tod@s. Moitas grazas.

jueves, 16 de abril de 2020

Para hoxe xoves imos facer un repaso ao tema 2 de C. Sociais

Actividades de repaso 
Páx. 78


Vídeo de rochas e minerais


Vídeo de como facer un volcán caseiro


Canción das montañas e mares de España


Vídeo sobre o tempo meteorolóxico

Pincha no seguinte enlace para ver a predición do tempo en Galicia para os vindeiros días



martes, 14 de abril de 2020

Ola familias:
Xa estamos de volta despois duns días de descanso.  Espero que sigades ben.
Recórdovos que se vos enviou, ao correo electrónico, unha enquisa sobre medios e recursos dos que dispoñedes no fogar. Se podedes responder á mesma, estaríamos moi agradecidos, xa que nos dará datos que precisamos para poder adaptarnos ao máximo posible ás vosas necesidades e situacións.
Unha aperta para tod@s!

Para volver a coller ritmo, propóñovos as seguintes tarefas: unha comprensión lectora de L. Castelá, unha ficha de matemáticas e información sobre o Día Mundial da Saúde.

Esta primeira actividade é unha compresión lectora do tema 9 de L. Castelá.

Páx 183-184


Páx 185-186

Operacións e problemas

Aquí tedes unha ficha para repasar as operacións e un par de problemas (Se non a visualizades ben, podédela descargar pinchando na imaxe ou poñéndovos en contacto e mándovola polo correo).



Podedes recordar como se fan estas operacións nos seguintes temas:
- Tema 2 (sumas e restas)
- Tema 3 (multiplicacións)
- Tema 4 (divisións)
- Tema 6 (sumas, restas e multiplicacións con decimais)

* Non é preciso imprimila (podedes facela nun folio ou libreta)


Propóñovos que corrixades vos mesmos as operacións, para iso déixovos un vídeo de como usar a calculadora. Se tedes mal un resultado, debedes volver a facela de novo ou buscar o erro. Para os números decimais debedes poñer a coma.

Día Mundial da Saúde

O pasado martes 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde. Este día xa ten a súa importante normalmente e máis nestes tempos que estamos a vivir. Déixovos un enlace con información sobre o mesmo.





lunes, 13 de abril de 2020

Correo electrónico

Ola familias!!! Gustaríame que vos puxésedes en contacto comigo para saber como levades esta situación e se vos é útil o blogue. Tamén se tedes calqueira tipo de dúbida, consulta ou suxerencia. O correo electrónico é cuartoboutes@gmail.com

Espero que levedes este confinamento o mellor posible 😉😉. 

Un saúdo.


viernes, 3 de abril de 2020

Mirade o que nos propoñen os nen@s de infantil!!!! Animámonos nós tamén???


"Temos un reto para todas nós! mamás, papás, avoas e avós, profes, nenas e nenos....e todas aquelas persoas que se queiran sumar.

A idea é bailar todas xuntas unha muñeira o primer día que nos vexamos. Celebar dalgunha forma ese momento que tantas gañas temos de que chegue e do que cada día estamos máis cerca.

Agora ben, ese momento que vai ser especial e por tanto necesita dunha preparación. Iremos pouco a pouco para que ninguén se quede atrás. Periódicamente colgaremos un video no que, grazas a Pablo, aprenderemos un punto de muñeira. Teremos tempo de practicar ata a chegada do seguinte video.
Finalmente uniremos todos os puntos para darlle forma á muiñeira que bailaremos á volta.

Comezamos entón coa primeira clase. Recordade practicala a menudo antes de que chegue a segunda entrega."

Premendo na imaxe podedes ir ver a primeira clase no blogue de Infantil grazas a Pablo.

Eu xa o aprendín😉😉💃💃

Escribimos unha carta

Como actividade para finalizar a semana, propóñovos que me escribades unha carta na que me contedes como estades, como vos sentides nesta situación pola que estamos pasando, como organizades o tempo, como vos entretedes...

Podedes redactala nun procesador de textos (Microsoft word, open office...) e logo enviala nun arquivo a través do correo electrónico de vosos pais ou facela en papel e escaneala e enviala por correo. Tamén lle podedes escribir aos vosos compañeir@s para seguir en contacto con eles. 

Para escribila correctamente déixovos un modelo e un vídeo.




Coñecemos Galicia

Agora é tempo de quedar na casa🏠🏠, pero non é desculpa para non coñecer Galicia. Aquí tedes un enlace para visitala de forma virtual (cidades, praias, espazos naturais, patrimonio...). Espero que vos guste!!!! 




miércoles, 1 de abril de 2020

Resolución das fichas de problemas I e II

Perdoade que estén en horizontal, pero non sei cal é o motivo polo que non me deixa colocalas ao dereito. Se as descargades podedes colocalas en vertical.

Problemas 26-32


                                                                  Problemas 33-39

* No problema 26 hai un erro nos sumandos, os correctos son 5800 + 4500 + 1200 = 11.500gr.  Desculpade

Neste primeiro mércores de abril plantéxovos estas actividades: exercicios de compresión lectora e repaso de contidos de L. Galega, unha ficha dos números naturais de matemáticas e por último un enlace para buscar información sobre a nosa comarca.

Exercicio de compresión lectora de L. Galega, co cal podemos repasar a maiores contidos dos temas 5, 6, 7 e 8.



Páx 152-153

Números naturais II

Con esta ficha de matemáticas seguimos repasando os números naturais de 6 e 7 cifras. Podedes repasalos no tema 1. (Se tedes problemas para visualizada mándovola por correo)



Coñecemos a nosa comarca

O outro día propoñíavos descubrir un pouco máis sobre o Concello de Outes. Hoxe, déixovos un enlace a unha presentación para que coñezades a nosa comarca. Nela poderedes ver principalmente imaxes.