viernes, 3 de abril de 2020

Escribimos unha carta

Como actividade para finalizar a semana, propóñovos que me escribades unha carta na que me contedes como estades, como vos sentides nesta situación pola que estamos pasando, como organizades o tempo, como vos entretedes...

Podedes redactala nun procesador de textos (Microsoft word, open office...) e logo enviala nun arquivo a través do correo electrónico de vosos pais ou facela en papel e escaneala e enviala por correo. Tamén lle podedes escribir aos vosos compañeir@s para seguir en contacto con eles. 

Para escribila correctamente déixovos un modelo e un vídeo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario