Ademáis das fichas de repaso da outra entrada do blogue de hoxe, si vos apetece seguir aprendendo déixovos esta opción.
Ésta é unha proposta de traballo sobre o estudo da historia. Podes facer as actividades que máis che chamen a atención ou todas, ti elixes!
Podes ler no libro de texto os temas 5 e 6 antes de facer as actividades.
Elaboramos unha liña do tempo.
Ficha interactiva da liña do tempo. Tes que recortar cada imaxe como se ve nas fotografías e darlle cor. A continuación pegalo de xeito que por fóra veranse os distintos períodos e por dentro unha imaxe característica de cada período xunto cun pequeno resumo dos acontecementos importantes da época (ver globos de texto de abaixo).
* Tamén poderías facer
a túa propia línea do tempo situando os acontecementos máis
importantes da túa vida (páx. 86 libro). Deberás marcar o ano de nacemento e
logo os sucesos que prefiras; por exemplo: cando comezastes a andar, caída do
primeiro dente, comezo da educación infantil… Se che faltan datos consulta
fontes de información como familiares, fotografías, vídeos... Podes presentar o
traballo nunha cartulina (nun caderno, unindo varios folios, en formato
dixital...) e podes incluir fotografías ou debuxos relacionados con cada
acontecemento. Quedaría algo así:
É unha
actividade moi chula que si te animas a facela, podes ensinarlla e explicarlla aos teu compañeir@s durante as videoconferencias.
Podes facer as preguntas do libro de texto (páx. 99)
IDADE ANTIGA
A
continuación temos un vídeo sobre a Idade Antiga. Despois de visualizalo podes
facer a ficha e responder ás preguntas. (Pinchade sobre a imaxe para ver o vídeo)
Pinchade sobre a imaxe para ver unha presentación sobre algúns dos deuses de Roma
Esta película de Disney: Hércules. Fai referencia a mitoloxía romana
No hay comentarios:
Publicar un comentario